Arquivo da categoría: Alberto Piñeiro

Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal

fidelvidalAntonio Piñeiro. Magnífica, das mellores e máis ricas en contidos das lidas en moito tempo, esta historia interior. Un argumento bifocal enleado por sensacións, concepcións, pensamentos dominados polo emocional, para elaborar con eles o espazo, o tempo e a acción dunha novela que Fidel configura cos seus compoñentes máis abstractos: os sentimentos e os estados de ánimo.

Dúas persoas, Amador e Marta, debullan mentalmente cadanseu caer, doer ou desafogar (como prefire dicir o propio Fidel, na contracapa) do episodio tráxico ao que os trouxo a vida; mais dun episodio que non é só ese intre, senón a chave dunha porta que leva aos complexos espazos onde se mesturan a personalidade e as súas interaccións Seguir lendo Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (VI)

Humboldt 6aAlberto Piñeiro. Nada mellor que reemprender unha viaxe facéndoo despois de bicar á muller á que amas. Dentro do automóbil, os seus ollos esmeralda fundíanse coa paisaxe tralo cristal das fiestras no tramo que faltaba ata Cumanacoa, e o seu cabelo dourado alumaba no atardecer como as flores do araguaney no mes de marzo. Unhas nubes miúdas pero cargadas saían ao paso por Los Dos Ríos, permitindo o endez dun arco da vella sobre as montañas desbordardas de verde, algunha delas tan xeométrica que levaba a soñar coa descuberta dunha pirámide baixo a capa vexetal. Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (VI)

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (V)

Humboldt 5aAlberto Piñeiro. O meu espírito saíu das profundidades da Cova do Guácharo máis nutrido incluso que das Augas de Moisés, e concordamos en que o restaurante que se atopa a carón do museo era un bo lugar para alimentar tamén o corpo, de xeito que nos equilibrásemos por dentro. Así foi que pedimos polo e medio fritido con yuca e papas fritidas, regado todo cun exquisito papelón con limón, con xelado de arequipe con maní como postre. Mentres xantabamos e comentabamos a experiencia da visita ao monumento, botei unha ollada a un folleto sobre o parque nacional que mercara na tenda de recordos que dá a benvida aos visitantes, procurando coñecer os nomes das árbores cuxas pólas nos acubillaban Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (V)

Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (IV)

Humboldt 4aAlberto Piñeiro. A medida que nos internabamos na escuridade foise facendo máis patente o berro dos guácharos, ata que se transformou nun ruído enxordecedor que impedía escoitar as explicacións da experta:

-Parece que hoxe están algo alterados –comentou para a miña preocupación, no suposto de que estivese preocupado, que non era o caso. Seguir lendo Tralos pasos de Alexander Von Humboldt (IV)