Arquivos da categoría Eme Cartea

Nas terras vermellas do Brasil

978841249106Eme Cartea. Outono do 2018. 45 días de viaxe.De Olinda –Pernambuco– a Río de Janeiro. Catro mil km de descuberta e abraio por este país “desmesurado” que é o Brasil…onde “se sente ben o pouco que é un home” (que diría Novoneyra).

Xerardo AgraFoxo, historiador, ensaísta, novelista e viaxeiro. Este é o seu terceiro libro de viaxes. Antes, Cuba (2014) e o Senegal (2018). E a cana a pescar… Un libro de aventuras e andanzas íntimas e personalizadas, ganduxado e tecido en fondo, forma, estilo e vasta información de grande interese para o lector. Continue reading Nas terras vermellas do Brasil

Historiador, poeta, pintor

Menos é máis. O invisible é o importante!

Menos é máis. O invisible é o importante!

Eme Cartea. Daquela exposición do verán de 2021 que pasou polo Centro Lustres Rivas de Ribeira —Estirpe de Poseidón II—, é este lenzo que hoxe nos convoca, entre a sorpresa e a fascinación. Sorpresa por descubrirmos un pintor dun inmenso fervor polo detalle e a meticulosidade austera; fascinación pola redondez e acabado da obra. Continue reading Historiador, poeta, pintor

“Verbas de paleta”. A forza do contraste

As Letras da Arte. ImaxeEme Cartea. Referímonos a Carme Sampedro, que acaba de expor no Centro Empresarial do Tambre a serie “ELA”, en vermello sobre negro, 20 acrílicos de gran formato fusionados cos seus poemas en galego, de temática cordial. Un conxunto coreográfico de tensión e dinamismo onde a figura aparece como conxelada no tempo a modo de proxección fotográfica, e animada pola xestual lixeireza da pincelada, de poderosa e sensual expresiviade matérica.

Sabemos que esta proposta supón unha radical mudanza na prometedora carreira desta artista plástica atrapada na súa íntima necesidade de crear Continue reading “Verbas de paleta”. A forza do contraste