Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Ludistas radicais

X. Ricardo Losada. Cóntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos círculos artísticos desa cidade a calquera que non teña conta en Twitter chámanlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do século XIX encabezado por artesáns ingleses que protestaban contra as novas máquinas (teares e máquinas de fiar) da Revolución industrial Seguir lendo Ludistas radicais →

Caracois de Belvís

caracoisX. Ricardo Losada. Poucos días despois de coñecérmonos na entrega dun premio, Lupe Gómez mándame por correo o seu libro Caracois de Belvís, premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que só vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belvís, onde o rezo inaugura as fronteiras dun idioma novo. E destácoas porque quero comezar esta reseña aclarando algo. A miña primeira (e única ata o de agora) lectura deste fermoso libro estivo moi condicionada, sen que eu o determinase conscientemente Seguir lendo Caracois de Belvís →

Fragua íntima

317xpeBWCnLX. Ricardo Losada. Mentres tomo un vermú na terraza da praza da Igrexa en Rianxo, aparece de súbito Pascual, un bo amigo. Dáme un libro, e dime: Compreino o outro día nunha librería de vello en Madrid. Non o coñecía. É A fragua íntima de Rafael Dieste, un libro no que Arturo Casas reúne os aforismos que o autor rianxeiro escribiu entre 1926 e 1975. Non llo digo a Pascual (non todo o mundo goza con este tipo de coincidencias), pero o primeiro que penso é que aquela praza chámase oficialmente praza de Rafael Dieste. E non podo evitar desviar a vista un pouco á esquerda do corpo de Pascual e albiscar a casa na que naceu Seguir lendo Fragua íntima →

Rosalía, Castelao e ti

dd768a584f72ae093fe60601b7795da9X. Ricardo Losada. Unha das razóns de que ás veces dubide dos beneficios da lectura é a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritación destes ante unha mala crítica ou un gusto diverxente. Hai unha anécdota de Proust moi significativa. Un amigo mándalle un libro para saber a súa opinión, e el contéstalle: «O que lin paréceme moi fermoso. Seguir lendo Rosalía, Castelao e ti →