Carmen de Milmanda. Hai quen sementa ventos e recolle treboadas. Antón Riveiro Coello animounos a sementarmos verbos e colleitarmos historias. Historias de cando a luz eléctrica non exterminara a Santa Compaña. Historias de crimes e de medo, de dopelgängers cobizosos e de vidas e mares contaminados por moitos puñados de euros. Historias de crítica social, rapaces que non entenden un non, mulleres que viven sen un si, e seres fermosos que deberían ter nacido gatos. Historias, mesmo traxedias, nas que resiste o humor como valado ao que arrimarse. Historias que saben a prólogo ou que revelan o latexo do corazón dos autores tralo son das teclas das máquinas de escribir. Seguir lendo Historias para viaxar no espazo-tempo