F. Blanco Alcaide. A Iván Suárez -debuxo- e Ignacio Vilariño -guión-, pasoulles algo moi común nesta vida: comezas a facer unha cousiña e unha cousa leva a outra e… O que a primeiras ía ser unha historia de monicreques ou unha análise sobre a función social do cabezudo, agora mesmo estase a converter nun ambicioso proxecto de oito volumes en banda deseñada que abrangue a vida enteira de Castelao. Era preciso que alguén se atrevera a facelo.
Ata o de agora van publicados tres deses oito volumes en Demo Editorial, coa importante colaboración da librería Kómic de Compostela, templo galego da Banda Deseñada. Seguir lendo Castelao en viñetas