Gonzalo Trasbach. “Obra lírica completa” (1978-2019), editado por Libros del Kultrum. Segundo nos ten dito o grande poeta Wystan Hug Auden (21, febreiro, 1907-29, setembro, 1973) a experiencia traumática non é un accidente, senón a oportunidade que o neno está agardando pacientemente; de non ter sido esta, habería outra para que a súa vida se convertese nun asunto serio. A morte do seu pai, acontecida cando só tiña 19 anos, foi a experiencia traumática de Nick Cave, unha doenza clave para que buscase darlle unha forma á dor que lle causaba, para, mediante a linguaxe, levantar un templo cos materiais da ausencia que o torturaba, unha experiencia que lle deixou un baleiro que só o relixioso, o sagrado ou Deus podía encher Seguir lendo
Arquivo da categoría: Música
Nick Cave: novo disco e obra lírica (I)
Gonzalo Trasbach. Tivemos no mes de novembro dúas marabillosas noticias sobre Nick Cave. Primeiro atopámonos cun libro de precioso formato que recolle a súa obra lírica completa e xa nos últimos días do mes puidemos escoitar o seu fabuloso novo disco: “Idiot Prayer: Nick Cave Alone At Alexandra Palace”.
Os que somos afeccionados á música contemporánea sabemos do monumental legado do músico e escritor australiano afincado en Inglaterra. Seguir lendo
Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas
María Xesús Blanco. BINOMIO MUSICAL. Cando chego á Recoveira, Nando Pérez está sentado nunha mesa que mira á praza. A temperatura é suave e apetece o aperitivo. A Nando gústalle falar, pero tamén escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas oír. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migraña. Seguir lendo
Un bo feixe de discos
Gonzalo Trasbach. Quere un empezar este comentario sobre este estupendo feixe de discos falando un pouco do último álbum que publicou un conxunto da nosa vila: Triángulo de Amor Bizarro, formado por Rodrigo Caamaño (voz, guitarra), Isabel Cea (voz, baixo), Rafael Mallo (batería) e Rubén Muñoz, “Zippo” (teclados e guitarra). O grupo vén de titular o quinto álbum da súa carreira co mesmo nome que o da banda e tamén o da súa ópera prima, debut que tivo lugar hai algo máis dunha década, aló polo 2007, ano no que tamén sacaron á luz “El hombre del siglo V” Seguir lendo