Carme Toba. As herbas do camposanto andaban revoltas pola xeada e as ovellas que paceran polo serán. A miúdo, eses corpos quentes cheos de la eran a compaña diúrna de tantas caixas de ósos depositadas baixo os terróns sacros. A noitiña comezaba asomando a orella e o murmurio de cuadrillas de esqueletos imperceptibles polos mortais facían eco nos recantos daquel humilde camposanto. Seguir lendo Parolas de esqueletos
Arquivo da categoría: Carme Toba
O avión do saltón
Carme Toba. Este relato é unha pequena homenaxe a moitos “Caladiños” que existiron no rural galego. Si, non sei se lembrades a un personaxe de “Sempre Xonxa”, Caladiño. Pois na miña aldea houbo un. Contaba miña avoa que nos tempos da posguerra había moita fame e iso facía que a necesidade agudizara o enxeño. Seguir lendo O avión do saltón
Ritual no galiñeiro
Carme Toba. O sábado e o domingo, despois de toda a semana de escola, deixábannos durmir un anaco máis entre sabas e cobertores. O xeito rutineiro de sono desaparecía cando nosa avoa nos petaba co mango da vasoira no piso do sobrado que, con aquel resoante “tum-tum”, vibraba no cuarto de arriba.
Espreguizabámonos e vestiámonos argallando as trasnadas do día que tiñamos por diante. Cando baixabamos, a avoa tiña o lume aceso e a pota do caldo fervendo. As cuncas do leite muxido con pan de boroa fumegantes agardábannos na mesa das cales dabamos boa conta. Seguir lendo Ritual no galiñeiro
Comunicación
Carme Toba. Lémbrome de moitos veciños peculiares para ser unha aldea tan pequena. Coñeciámonos todos e uns sabíamos da vida dos outros. Moitos acontecementos eran catalogados como “vox populi” porque cando o río soaba, auga levaba Seguir lendo Comunicación