Arquivos da categoría Teatro

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch

descargaRomán Arén. Don Juan Eugenio de Hartzenbusch foi carpinteiro, pero chegou a erudito, fundamental na súa época para a comprensión do teatro, membro da Real Academia Española en 1847 e a director da Biblioteca Nacional en 1862. Nacera en Madrid en 1806, de pai alemán e nai andaluza, e no seu século foi famoso como dramaturgo por Los amantes de Teruel e como poeta polas súas Fábulas en verso castellano (1848), xénero poético moi cultivado no século XIX e no que tamén destacaron os galegos Luis Folgueras, Concepción Arenal e o Barón de Andilla. Continue reading Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch

Silencio e saúde

pexels-photo-2590589Fidel Vidal. O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Continue reading Silencio e saúde

Cipriano Fernández, teatro e ensino

descargaPastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Continue reading Cipriano Fernández, teatro e ensino