Arquivo da categoría: Antón Riveiro

A vacina dos soños

la-vida-del-coronavirus-3-h-en-el-aire-2-3-dias-sobre-superficies-240661-1_768Antón Riveiro Coello. Escoitei os aplausos nas fiestras e erguinme axiña para ver o móbil desa euforia que madrugaba ás oito da mañá. Cando abrín o balcón e vin o estoupido unánime dos aplausos, acompañados de vivas e apupos, sospeitei que algo extraordinario ocorrera e prendín a radio. O locutor mudara a súa voz sensata por outra rouca que berraba o nome dunha muller á que lle había que dar, xa, o premio Nobel. Seguir lendo A vacina dos soños

O volcán da identidade

9788491514169Antón Riveiro Coello. A casa xunto ao volcán, segunda novela do escritor rianxeiro X. Ricardo Losada, acadou o II Premio Viadutos de novela e vén de ser publicada por Galaxia, unha sorte para os que gustamos dunha literatura pasada polo filtro da orixinalidade, cun estilo único e inimitable que ole a novo e diferente. Unha frescura que se suma ao relato psicolóxico dos personaxes, que nunca é plano, nin compracente, nin politicamente correcto, como xa demostrou na súa novela Bótame deste mar fóra, fuxindo de calquera estereotipo. Por riba, volve a este texto esa tensa fusión entre a literatura e a filosofía. Ao mesmo tempo que nos conta unha historia a través dos personaxes, X. Ricardo analiza, racionaliza, conceptúa… Seguir lendo O volcán da identidade

Fotos

collage-digital_19-100825Antón Riveiro Coello. Para Cansinos-Asséns viaxar é só un movemento da imaxinación, algo fantástico para os sedentarios, ou unha tortura cando viaxas con mentalidade de pobre e o queres ver todo, mallando o corpo moito máis que cando estás a traballar. Gustaríame saber cal é a porcentaxe real de viaxeiros no sentido estrito da palabra, é dicir, persoas que marchan só con billete de ida Seguir lendo Fotos