Arquivo da categoría: Encarna Pego

A primeira boneca

O Fío de Ariadna. Boneca anos 40Encarna Pego. Hai días que Vigo apagou as luces de Nadal e que as crianzas recibiron a visita farturenta dos Magos. Véñenme á memoria cousas que lles ouvín aos meus vellos.

A sorpresa de miña nai, a nena da casa, foi cando o maior dos irmáns regresou de Ferrol coa mili cumprida e lle trouxo unha boneca de verdade. Seguir lendo A primeira boneca

Rodas

O Fío de AriadnaEncarna Pego. Sempre tiven especial querenza polas dúas rodas. Lémbranme os primeiros anos sesenta, as estradas de morrillo, as tendas polo miúdo, (“Dixo miña nai que me dea medio quilo de fariña e un cuartillo de anís”). O recendo das cereixas de Cespón. A vida por encetar cos pais mozos e a empática presenza dos veciños. O saúdo da mestra á mañá, cando eu non tiña idade de ir á escola. Seguir lendo Rodas

Merendas de chocolate

chocolateEncarna Pego. Á chamada para a merenda acudían ás carreiras, cortando os xogos -a billa ou peón os dous maiores, as bonecas ou a corda as pequenas. Coa mesma ilusión, cada día comían o bocadillo, a pesar da escasa variedade: tulipán ou tona de leite con azucre e, algún día, friame. Axiña, satisfeitos, volvían dar renda solta á imaxinación ata a noite.

Porén, un día, a sorpresa acaeceu. Dentro do pan había chocolate! Foi unha algarabía de festa rachada. Que delicia! Manxar de ricos. Seguir lendo Merendas de chocolate