Dolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX que “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia. Seguir lendo
Escultores de Noia no neoclasicismo galego
1