Ignacio Castro. Á marxe da piedade obrigada cara a todos os seres que sofren, é difícil non vincular a temática social do “trans”, de cuxa fobia podemos hoxe acusar a calquera que argumente valores morais de reserva, coa nosa vocación contemporánea de liquidar todo o que sexa gravidade, referencia natural ou punto fixo. Díxose xa hai tempo que a nosa é unha cultura do tránsito, do aprazamento perpetuo e a deconstrución de calquera intensidade real. Este é o motivo de fondo da posverdade Continue reading Antropofobia
Arquivos da categoría Ensaio
Parcelario e historia urbana
Pedro García Vidal. O pasado das vilas e cidades atópase escrito na súa paisaxe construída. Camiñar a cidade de vagar, admirar as súas arquitecturas diversas que nos falan das diferentes sociedades que a poboaron, nunca esgotará a nosa capacidade de sorpresa ante a innumerable cantidade de novas e inéditas descubertas. Pero no compacto conxunto edificado todo se volve completamente anónimo. Continue reading Parcelario e historia urbana
Un mestre en Palmeira
Pastor Rodríguez. Grazas ao seu conterráneo Francisco A. Vidal, énos agora coñecida a figura, e a obra, de Ignacio Martínez Malvido, nado en Sanxenxo en 1839, pero afincado en Palmeira, cando menos desde 1863, onde casou con Amalia Varela Mariño e, xa viúvo, en 1887, en segundas nupcias, con Vicenta Martínez Garabal. Mestre por oposición, estivo sempre moi preocupado pola situación socioeconómica do Barbanza, da que deu conta nos artigos publicados en La Voz de Galicia. Continue reading Un mestre en Palmeira
Nick Cave e a chamada da dor
Gonzalo Trasbach. (Na memoria de Antonia Da Silva Castro. Para Magdalena). Din que os xenios están encadeados a unha dor secreta. Tamén din que só os creadores xeniais saben sufrir. E que os comúns dos mortais, que somos máis ben idiotas ou necios, non sabemos facelo. Iso din. Mais tan necios non debemos ser se lembramos que o escritor italiano Cesare Pavese (Turín, 1908-1950), que se suicidou o 27 de agosto de 1950, deixou dito isto: <A grande, a tremenda verdade é esta: sufrir non serve para nada>. Din así mesmo que a tristeza é unha virtude que coroa a figura dos “elixidos”. Neste sentido, Vincent Van Gogh, sen dúbida un pintor ben singular e angustiado, escribiu un día: <É inútil, a tristeza durará toda a vida>. Continue reading Nick Cave e a chamada da dor