Xavier Seoane. Das persoas que coñezo no ámbito da cultura galega, Fidel Vidal é unhas das máis cultas, abertas e polifacéticas que teña frecuentado. Á marxe da súa condición de psiquiatra, ten despregado un longo labor no coñecemento das artes plásticas, na práctica da pintura, no exercicio da poesía, do ensaio e da narrativa.
Precisamente a súa última obra narrativa, Os coros da novena, esplendidamente publicada por Espiral Maior e cun magnífico prólogo de Antón Riveiro Coello, é en parte unha consecuencia lóxica do seu profundo coñecemento da psique e da natureza humana, logrado tanto no exercicio profesional da psiquiatría como na condición de humanista interesado polos problemas e os feitos que atinxen ao ser e o devir humanos. Seguir lendo Unha novela contundente e de absoluta actualidade