Marcos Lorenzo. Segundo a wikipedia, o feísmo é a tendencia artística que valora esteticamente o feo. Así se definiu até agora. Porén, desde hai un tempo, algúns xornais popularizaron unha nova acepción do termo que se circunscribe a Galicia e que pretende denunciar as desfeitas paisaxísticas provocadas, seica, polo mal gusto conxénito dos nosos paisanos. Así, cando se menciona a palabra feísmo xorden asociadas certas estampas chuscas como os somieres a modo de cancelas nas leiras, as vivendas de nova planta sen recebar ou a construción de galpóns con materiais de refugallo. Ningún destes exemplos debera chocar a quen coñeza a historia social de Galicia. Seguir lendo “Chapuzas gallegas”