Javier Turnes. Aristóteles afirmaba que a alma é, dalgún xeito, todas as cousas. Sobre todas elas -o día, a terra, o heroísmo, a finitude, o deserto, a beleza, Deus- deslízase o libro de Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) para apelar a esta potencia da alma, do ‘fondo sombrío’ que habita en cada un de nós -como a el lle gusta dicir-. Un arsenal e unha chamada, unha teoloxía liberadora que afirma con violencia, pero sen resentimento, que non hai nada que temer, excepto o antropomorfismo e a súa letalidade. Ou, o que é o mesmo, quedar quietos e poñerse a salvo. A alma humana é todas as cousas, tamén a morte, o indeterminado, a vulnerabilidade e a incerteza ordinaria: alí onde está o perigo, habita tamén a salvación. Seguir lendo Choiva sobre a lousa cruel dos homes