Arquivo da categoría: César Alen

O activismo de Emilia Pardo Bazán

descargaCésar Alen. Falamos dunha das pioneiras do feminismo como a famosa e mediática Simone de Beauvoir. Os traballos da escritora foron unha acicate, a punta de lanza da loita feminista. Ela como ninguén comprendeu o papel que debería xogar a muller, a sua natureza esencial, ou sobre todo a necesidade fundamental de adoptar unha posición política. Facerse visible, tentar colocarse no taboleiro, saír a escena é en si mesmo un acto político, como ben dicía a activista norueguesa Toril Moi. Seguir lendo O activismo de Emilia Pardo Bazán

Unha habitación propia

51sU2FpNDiL._SX326_BO1,204,203,200_César Alen. Este libro de Virginia Woolf está considerado un dos primeiros textos feministas, xunto ao imprescindible Segundo sexo de Simone de Beauvoir. A literatura é un espazo perfecto de representación teórica. Nos libros reflíctense as condicións da sociedade, as súas distintas perspectivas vitais, os rexistros políticos e as tendencias ideolóxicas. Foi precisamente un grupo de profesoras, escritoras, editoras as que, tras analizaren a literatura da época, detectaron o papel marxinal da muller, a súa escasa presenza. Tras esa detección dunha evidencia, ben escondida nunha literatura eminentemente dominada polos homes Seguir lendo Unha habitación propia

Os libros arden mal

51vCwq2u-ULCésar Alen. Parece que volve a época das rifas, das crueis vinganzas. Alguén está empeñado en rememorar tempos aciagos. O curioso de todo isto, é que se retorce a historia ata a absoluta falacia, como o imposible escorzo dun contorsionista. A ninguén parece importarlle desmentir a historia, a constatación dos feitos. Pode máis a xenreira, a provocación, o agradar aos teus, e se para iso hai que mentir non importa. A mentira é o dogma dos novos tempos. Facianas envilecidas e envelenadas, rictos cargados de rabia, ollos inxectados. A mentira penetra na pedra máis dura, cerebros  permeables. De novo sae á boia a mala baba dos que foron gañadores, pero hoxe son perdedores. Seguir lendo Os libros arden mal

Nova York en José Martí

184da6f90256a18f864d32b0d2240a5aCésar Alen. A poesía, en certo xeito, foi o acicate da revolución cubana, e doutras moitas por suposto. Que razón tiña Gabriel Celaya cando dicía que “a poesía era unha arma cargada de futuro”. Primeiro foi a súa formación intelectual, deixar atrás a simplicidade do pai, a basta conduta militar. Un mentor culto e idealista (iso é o que todos necesitariamos).  Mendive era o seu nome. Plantou unha semente, algo que parecía insignificante, pero que chegou moi lonxe, á culminación da revolución castrista.  Outro punto de inflexión foi a súa viaxe a Nova York.  Aquela mastodóntica urbe esmagouno, deixouno sen folgos, someteuno, subxugouno. Seguir lendo Nova York en José Martí