Oliveira Casal. Vai xa para trinta anos que andamos a rúa de baixos comerciais que comezaba na Praza de España. Deixabámonos levar polos recendos, polos reflexos do sol nos escaparates e polas conversas en calquera idioma recoñecible de entusiasmadas voces anónimas. Tendas de moda cara á colina de Pincio. Eramos mozos. Continue reading A Lareira
Arquivos da categoría Oliveira Casal
Sitges
Oliveira Casal. Sitges, o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya, foi sempre un obxecto de desexo cinéfilo para min. Até este ano nunca puidera saciar a miña ansia en augas de celuloide mediterráneas. Todo acompañou para facer da viaxe unha burbulla de perfección paralela. Continue reading Sitges
Alén dos Barqueiros
Oliveira Casal. Ás voltas anda no prelo a editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Continue reading Alén dos Barqueiros
Os mapas perdidos da Arieira
Oliveira Casal. Pertence á estirpe de Juan Benet, de Salvador Pániker, de Musil: a dos enxeñeiros metidos a demiurgos literarios. Empezo dándolle a importancia que el se resta a gadoupadas de ironía marxista (a dos irmáns). O único que me pediu cando lle dixen que ía escribir sobre a súa novelística foi «inclemencia». Continue reading Os mapas perdidos da Arieira