Inés Otero. Esta historia da saga Thomas Mann/Katia Hedwig e os seis fillos, todos vinculados co mundo intelectual, é unha saga familiar que abrangue unha época ateigada de problemas políticos e traxedias colectivas, coma o nazismo e o holocausto. O autor desta sensacional obra, Tilman Lahme, reconstrúe a vida dunha familia onde a busca da identidade e a afirmación persoal revelan a existencia duns personaxes contraditorios. Oito persoas que viviron a amargura do exilio cando o autor de Os Buddenbroock –publicada por Thomas Man cando só contaba 25 anos– se pronunciou contra as teimas inquisidoras de Adolf Hitler. Seguir lendo Los Mann. Historia de una familia, de Tilman Lahme
Arquivo da categoría: Inés Otero
Non digas nada, de Patrick Radden Keefe
Inés Otero. Este libro comeza co secuestro no 1972 de Jean Mc Conville, unha viúva e nai de 10 fillos, que vivía nun arrabalde miserento de Belfast. Detrás daquela acción estaba un comando do IRA. Durante tres décadas os seus fillos non deixaron de buscar o corpo da súa nai. Esta historia sobre as Troubles, que converteron Irlanda do Norte nunha zona de guerra, resulta apaixonante. O seu autor é Patrick Radden Keefe, reporteiro do The New Yorker, que aproveitou os testemuños que conseguiu a Universidade de Boston con algúns dirixentes do IRA cando o conflito xa rematara cos Acordos de Venres Santo de 1998. Seguir lendo Non digas nada, de Patrick Radden Keefe
O verán en Lucenza, de Alberto Fortes
Inés Otero. Hai pouco merquei un libro de Ryu Murakami, Azul casi transparente, pensando que se trataba dunha novela de Haruki Murakami. O mesmo me pasou hai uns anos cando comecei a lectura de Atlas de una añoranza imposible, de Anuradha Roy, crendo que estaba cunha novela de Arundhati Roy, a autora da celebrada El Dios de las pequeñas cosas. Neste sentido, propio de lectores apresurados, unha amiga faloume dunha excelente novela dun autor ruso descoñecido, pero que en realidade era de Tolstoi porque que a editorial modificara na capa o tradicional nome de pila do autor de Ana Karenina. Por non falar das confusións literarias que provocan os apelidos Roth, Goytisolo ou Grossman. Seguir lendo O verán en Lucenza, de Alberto Fortes
Catro lecturas do verán
Inés Otero. Nestes derradeiros días do verán lin catro libros que gardan entre si unha coincidencia. En Fumo, Ivan Turguénev conta a historia de tres persoas, Litvínov, Irina e Tatiána, unidas por unha complexa relación amorosa. Antoine de Saint Exupéry narra en Voo nocturno as peripecias dos pilotos que levaban o correo postal polas estremas chairas da Patagonia nunha época onde a navegación aérea semellaba unha auténtica aventura. Para Isabel é un fermoso relato contado por Antonio Tabucchi que nos leva a seguir as pegadas deste comprometido personaxe, perseguido por unha ditadura noxenta, a través de xeografías diversas e paisaxes algo máis familiares. Seguir lendo Catro lecturas do verán