Arquivos da categoría Fidel Vidal

Chagall

12-21-29-40.46.17_lowFidel Vidal. Marc Chagall, un dos grandes mestres da pintura, foi clasificado por máis dun crítico como “inclasificable”. A arte “é un estado da alma”, dicía Chagall. Cada vez que lle pedían que explicara as súas obras contestaba que el mesmo non as entendía. Unha boa mostra da súa obra gráfica pódese contemplar na Fundación Barrié da Coruña que, por mor da pandemia, vai prorrogarse até o día 26 de xullo. Co título Fábulas e soños, dividímola, seguindo os pasos da técnica empregada, en tres (o catro) apartados: litografías, xilografías e augafortes. A cuarta parte correspondería aos poemas escritos. Continue reading Chagall

As neves de antano, de Pascal Quignard

unnamedFidel Vidal. Cando deixa de haber guerras? O Orleanesado ocupárono os celtas, os xermanos, os romanos (…), os vándalos, os alanos, os francos, os normandos, os ingleses, os alemáns, os americanos”. Así comeza As neves de antano (A ocupación americana), de Pascal Quignard (Círculo de lectores, 1997), nunha prosa exquisita e pulcra, na que navegan á par datas históricas e vidas íntimas. Vai de amores de mocidade, de frustracións, Continue reading As neves de antano, de Pascal Quignard

Conversas de escaparate. Aniversario

man1Fidel Vidal. -Os ollos cos que me miras non me van facer rir porque ti o pretendas. Non está o forno para bolos nin o día para risas. Os demais poden dicir canto lles veña en gana, as ganas que eu teño de esganarte, por traidor e por falsario. Onte, con todo descaro, ofrecíasme a esperanza dunha vida en común, sen importar nin riquezas nin traballos oficiais que aseguraran un futuro. Só a ilusión dun amor compartido. Ese era o noso combustíbel. Abondaba coa mirada mais non con eses ollos que amosas nestes días, especialmente no día de hoxe, no meu aniversario. Se visto de gala é porque a miña nai así me pariu, disposta e sen complexos. Tombados na praia… Continue reading Conversas de escaparate. Aniversario