Xerardo AgraFoxo. A través da Pesquisa sobre la peste y la despoblación de Noia durante el reinado de Felipe II, datada o 15 de maio do 1599, coñecemos como a vila de novecentos veciños só quedara en trescentos, e que estes eran moi pobres e non podían pagar as rendas. O 14 de xuño, Diego Gonçalez, do concello do Son, procurador xeral da vila de Noia Seguir lendo A peste arrasa Noia no século XVI
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A filla de Tosltói
Xerardo AgraFoxo. Preto da Porta de San Paolo e a carón da Pirámide de Caio Cestio, atópase, entre alciprestes estilizados e outras árbores centenarias, o Cemitero Acattólico. Despois de trescentos anos de soterramentos nel descansan, amáis de Alberto Camilleri, Antonio Gramsci e Darío Bellezza, os poetas John Keats e Percy B. Shelley. O primeiro morreu en Roma, logo de deixar na súa terra a súa amada Fanny Brawne, para curar unha tuberculose imposíbel. Tiña 25 anos. Na súa lauda pode leerse o inmortal epitafio: “Aquí xace un home cuxo nome escribiuse na agua”. Shelley morreu un ano despois, cando naufragou o seu veleiro Ariel fronte ás costas de Liguria. Aínda non cumprira os 30. Seguir lendo A filla de Tosltói
Pepe Cal e Ita Atán na Vía Garibaldi
Xerardo AgraFoxo. Un 20 de decembro do ano 1973, cando aquel militar “viaxou aos ceos” no seu Dodge e na mesma data na que nacía un futuro alcalde de Noia, hoxe convertido nun amábel e honrado tendeiro, Pepe Cal e a súa inseparábel compañeira, a delicada e fermosa Ita Atán, collían con certo nerviosismo un voo rumbo a Roma, onde tiñan unha cita inescusábel. Seguir lendo Pepe Cal e Ita Atán na Vía Garibaldi
Hannah Arendt y Martin Heidegger, de Elzbieta Ettinger
Xerardo AgraFoxo. Non sei cantas veces lin este libro, nin tampouco se o leron os filósofos de referencia deste CaféBarbantia, é dicir, os admirados Losada vs. Trasbach, pero sei que cantas veces me mergullo nas súas páxinas un calafrío me corre pola espiña. Nelas trátase a relación amorosa e intelectual entre Hannah Arendt e Martin Heidegger dende que se coñeceron na universidade de Marburgo en 1924. Naquel tempo ela era unha moza xudía de dezaoito anos e el, o seu profesor de trinta e cinco, ficaba casado, tiña dous fillos e estaba a escribir Ser e Tempo, a súa obra máis salientábel. Mentres ela se sente atraída pola vitalidade e intelixencia de Martín, el, asemade se deixa cativar pola admiración que lle profesa Seguir lendo Hannah Arendt y Martin Heidegger, de Elzbieta Ettinger