Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Cartuchos nun búcaro. Che Tembra

IMG-20220407-WA0001_resizedAntonio Piñeiro. Volve o noso prezado Che Tembra aos espazos públicos tras esta tempada de recollemento. Faino cunha mestura de obra recente e anterior, na sala vestíbulo do Auditorio de Rianxo, ata primeiros de abril. Entre as súas xa coñecidas escenas literarias, reivindicativas, retranqueiras, irónicas, mordaces, memorísticas e libertarias, veñen desta vez unha serie de pezas coma esta das calas nun floreiro. Daquelas xa quedara dito a súa cara achega á equipaxe cultural da Galiza e da bisbarra coa peculiar interpretación, por exemplo, de coñecidas (ou propias) viñetas, na bigornia do seu oficio; ou un compromiso social poucas veces tan explícito. Seguir lendo Cartuchos nun búcaro. Che Tembra

Lola Sanz, en “Luarada”

O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska
O cadro está no Lustres Rivas, na colectiva de Galeoska

Antonio Piñeiro. Alguén dixo que para falar de Lola Sanz hai que comezar con poesía. Foi a primeira impresión que me produciu esta súa obra, pendurada coa mostra que o grupo Galeoska está a presentar estes días na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira. Seguir lendo Lola Sanz, en “Luarada”

Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón

As Letras da Arte.BbaleasAntonio Piñeiro. Polas vereas mergulladas da natureza vai a gran parada dos seres vivos. O ollo do arquitecto universal dispón a danza no lombo dunha estrela de mar. Cada fracción de espazo-tempo, malia o teorema euclidiano, é ocupada polo anel impreciso dunha cuncha. A danza das baleas deixa a súa trécola riseira ao lonxe. Desde o profundo soben árbores de diatomeas mentres os peixes respiran auga de cor. Delicadamente simbólica, intimamente filosófica, afervoadamente plástica, anque minuciosa, ata o extremo dun traballo téxtil, comprobei como a nova achega de Carlos Pereira concitou cualificacións apaixonadas no libro de visita. Seguir lendo Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón