Arquivos da categoría Ciencia

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

CUBERTAClorofilaPilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Continue reading Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

Primeiras ocupacións humanas do Barbanza

Núcleo discoidal atopado no contorno dun dos abrigos de Braña de Leis.

Núcleo discoidal atopado no contorno dun dos abrigos de Braña de Leis.

Víctor Barbeito Pose/Julián Bustelo Abuín. As primeiras ocupacións humanas son unhas das grandes descoñecidas da investigación arqueolóxica no Barbanza. Non resulta fácil nin moi prolixo atopar referencias ás que deberon ser as primeiras vagas de poboadores, pero dalgunhas dispomos. A primeira referencia ao paleolítico barbanzán podemos atopala na obra Geografía general del Reino de Galicia, dirixida por Francesc Carreras i Candi. Continue reading Primeiras ocupacións humanas do Barbanza