Café Barbantia. O persoal deste café, que vai facer un pequeno descanso durante os meses de xullo e agosto, deséxavos un bo verán. Volveremos abrir o café no mes de setembro. Apertas
Antonio Piñeiro. Antonte lin no xornal que só o 5 % da actividade do cerebro é pensamento lóxico. Cismei para min que o resto, esoutro 95, ten que ser coma a pasta da pintura; unha miola do óso emocional que vai dar á man do pintor, do tubo mundano ao lenzo divino, cargada de paixón e arroiada dos sentidos. Continue reading Subindo a «enxagua»
Marina Losada Vicente. Estando embarazada, súa nai coñeceu a un neno ao que chamaban Rey. Preguntou como fixeran, pois naquel país dos anos setenta era obrigado que o nome aparecese no santoral. O día 6 de xaneiro (epifanía do Señor) o almanaque recollía, entre outras, a festividade dos tres santos Reis e, con ese argumento, lograran, na capital de Lugo, inscribilo co nome de Rey Continue reading De nome, Rey
Fidel Vidal. O mundo, referíndose no seu día a Galicia Luís Seoane, está cargado de nomes e de historia, de historias. Así é que, ao comprobar o mal que nos vai, por culpa do deterioro cultural e material que asiste a este noso país tan desasistido, o seu temor a que as cousas, ricas mesmo en apelativos, fosen perdendo os seus perfís e a súa denominación, correndo o risco da caída no baleiro e na regresión Continue reading Tesouros da lingua