Arquivo da categoría: Lucía Romaní
A urxencia de retomar o lugar
Lucía Romaní. Camiñar e deterse para contemplar (o extraordinario do mundo). Sentarse nun banco para esperar -cando ninguén espera-, ou simplemente ver xente pasar. Intercambiar miradas cun estraño, compartir o anonimato. A rúa é ese espazo onde todo é posible por imprevisible. Un lugar onde deambular, ir dun lugar a outro, libremente; ser un máis entre a multitude. Seguir lendo A urxencia de retomar o lugar
Interferencias produtivas, Experiencias de creación artística, aprendizaxe e investigación cooperativa
Lucía Romaní. Resulta sorprendente a eclosión de colectivos, grupos de traballo, plataformas ou redes locais, que están a formular nos últimos anos outros modelos de organización, relación e xestión máis transparentes, autónomos e indepen-dentes, cuxa actitude de compromiso coa sociedade é visible nas súas maneiras de facer, redistribuír e relocalizar os recursos. Seguir lendo Interferencias produtivas, Experiencias de creación artística, aprendizaxe e investigación cooperativa
Warpaintings: do punk ao pink
Lucía Romaní. A artista e arquitecta Elia Nuñez Barez (Ribeira, 1979) introdúcenos a través da exposición Color, colore, colori na súa última aventura vital, froito do traballo realizado no último ano. Warpaintings (pinturas de guerra) é o nome que dá título a unha serie de traballos nos que a cor se converte en elemento detonante e detonador, nunha carga explosiva. Seguir lendo Warpaintings: do punk ao pink