Manuel Fernández Blanco. O meu amigo Fidel Vidal envioume hai algún tempo, por correo electrónico, esta novela. Lina dun tirón, prendeume e sorprendeume. Pensei: isto é literatura. Non o penso sempre que leo unha novela. Agora, xa publicada, volvina a ler para esta presentación. É literatura do real, por iso ten momentos inquietantes. A única literatura que me interesa é a que atravesa os semblantes. Moita literatura, tida por boa, non deixa de participar do estilo pastoral, dun estilo pastoral laico. A novela ten dous apartados que recollen o diálogo interior de Amador e de Marta. Eles dous non tan felizmente casados. Seguir lendo Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal (II)