Moisés Suárez Abel. Máis ou menos igual que hai anos xa describiu Delibes á chegada das inquedanzas democráticas ao rural castelán, andei eu nas semanas pasadas polos currunchos todos da miña vila con sobres e panfletos. Presenteime na lista por unha candidatura ás municipais formada por independentes baixo o, cando menos, ambiguo nome de «Alternativa por…». Eu suxerira chamarlle Alternativa Sintrón, pero de contado afeáronme a conduta por achegarme ao adro político cun carácter tan argallán.Quen coma min inxenuamente parta dun espírito reivindicativo cara ao medio rural enseguida se dá de fociños cunha realidade abraiante. Continue reading O disputado voto da tía Generosa
Arquivos da categoría Moisés Suárez
A Montaña Máxica
Moisés Suárez. Está a 40 Km de Porto e foi un Sanatorio de tuberculosos ata os anos 60. As ruínas érguense nun outeiro e intuín que, se de alí saía un proxecto fotográfico, o nome sería “A Montaña Máxica”. Saíu unha exposición, e os comentarios dos asistentes ían acompañados de historias sobre o edificio. Continue reading A Montaña Máxica
Ruralízate
Moisés Suárez. Agardo que o feito de que o home que sae na foto sexa o pai da miña tía Fina sirva para eximirme de calquera dereito de autor que non teño. Se non enleareime nunha vórtice xurídica contra toda a corrección política que nos invade. De aquí a que o xuíz dite unha sentencia, entre folga e folga, talvez mudaran os tempos tanto coma desde que pola ponte da Pasaxe circulaban as vacas en hora punta sen concorrencia con ningún vehículo. Continue reading Ruralízate
As tías de Londres
Moisés Suárez. Durante toda a miña vida aquel retrato formou parte da sobria decoración do noso comedor provinciano. Conviviu coa miña infancia e a miña xuventude naquel piso que compartiamos maiormente miña nai e mais eu. Lola, a irmá pequena, pasaba a maior parte do ano en Asturias naquel internado e a presencia de papá na casa era testemuñal. Continue reading As tías de Londres