Arquivos da categoría Mercedes Rodríguez Fraga

A casa xunto ao volcán

9788491514169Mercedes Rodríguez Fraga. Dicía noutra ocasión neste mesmo blog que a primeira novela de X. Ricardo Losada, Bótame deste mar fóra, era unha mostra do carácter «humano, demasiado humano» do autor, ao tempo que parafraseaba o título dunha obra de F. Nietzsche.

     Non se equivocaba X. Ricardo na presentación da súa última novela en Rianxo cando dicía que Nietzsche espertaba paixóns no seu alumnado de Filosofía. Por ese motivo, decidiu escribir sobre como a protagonista, unha alumna do IES Félix Muriel, construía a súa casa xunto ao volcán. Continue reading A casa xunto ao volcán

Bótame deste mar fóra, de X. Ricardo Losada

bótameMercedes Rodríguez Fraga. Permítome facer uso do título dunha obra de Nietzsche, Humano demasiado humano, para definir unha obra igualmente grande, e que a moitos lles parecerá polémica. Bótame deste mar fóra é un exemplo da complexidade do ser humano: amor, odio, morte, vida e sentimentos socialmente mal vistos e reducidos á xente «especial». Non pretendo facer unha crítica, porque para iso están os profesionais. Só me gustaría expresar o que supuxo para min. Ler a primeira novela de X. Ricardo Losada fíxome volver 18 anos atrás e revivir as súas clases de Filosofía. Recordo o primeiro día, a forma de entrar na aula. Grandes zancadas, seguro de si mesmo. Continue reading Bótame deste mar fóra, de X. Ricardo Losada