Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

CUBERTAClorofilaPilar Sampedro. Neste afán por dar a coñecer seleccións bibliográficas ao redor dunha determinada temática, de forma que as familias, os centros educativos,as bibliotecas públicas e todas aquelas persoas interesadas nesta produción teñan acceso aos títulos máis representativos, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Galego) pon á súa disposición unha nova Guía, neste caso, relacionada co medio ambiente. Clorofila en letra para curar o planeta é o seu título. Pártese da necesidade de que a rapazada se comprometa coa natureza, unha vez que se ten demostrado que os Estados e os seus Gobernos están máis interesados nas cuestións económicas e de mercado que en deixarlles o planeta nas mellores condicións. Seguir lendo Seleccións temáticas de libros infantís e xuvenís

Os libros infantoxuvenís e os temas que tratan

DonasPilar Sampedro. Dende hai un tempo, os libros escritos pensando nun destinatario infantoxuvenil, xa acollen todas as temáticas, por moi tabús e complicadas que poidan parecer. Xa o temos dito noutras ocasións: o feito de que esta literatura fose escrita –no primeiro momento– por educadores que buscaban dotar de materiais unha escola que non os tiña en galego, axudou a que fosen tratados asuntos relacionados cos valores cívicos. Estes mesmos mestres e os que os seguiron –moitas veces relacionados con movementos de renovación pedagóxica– tiveron un papel fundamental na diagnose da situación deste libro, os ocos que había que encher, así como o que se necesitaba e demandaba. Seguir lendo Os libros infantoxuvenís e os temas que tratan

A memoria da historia e as historias da memoria (II)

memoria(II)Pilar Sampedro. Citaba, na entrada anterior, varias obras de ficción xuvenís que trataban a temática da memoria histórica, pero resultábame inxusto deixar outras nesa mesta escuridade que as fai desaparecer, igual que as historias das que falan. Esa é a razón pola que continuarei mencionando algún outro libro que se move nesas mesmas coordenadas.

Se lembramos algún dos títulos aos que me refería anteriormente: Corredores de sombra, Noite de voraces sombras, A sombra descalza… vemos como se repite a palabra sombra porque volver a mirada ao pasado implicaba o encontro coas sombras, coas vítimas. Seguir lendo A memoria da historia e as historias da memoria (II)

A memoria da historia e as historias da memoria (I)

Memoria(I)Pilar Sampedro. O título dá voltas ao redor de dúas palabras: memoria e historia, para rematar uníndoas en memoria histórica. Trátase de falar desta nos libros de ficción dirixidos á mocidade, especialmente.

Cando falamos de memoria histórica estamos a referirnos a ese período que comprende o golpe de estado de 1936, a guerra e a posguerra, un tempo do que se acostuma falar pouco nas clases de Historia, porque estarían ao final do programa ou porque non interesa facelo. Esta, segue a ser unha época pola que pasar na punta dos pés, porque é algo non resolto nin sequera a nivel historiográfico e que continúa creando espullas. Seguir lendo A memoria da historia e as historias da memoria (I)