María Xesús Blanco. Hai uns días soñei coa biblioteca da miña infancia. Con aquel lugar ateigado de libros acabados de estrear. Soñei con ela e coa ollada entusiasta da súa bibliotecaria. No soño había nenos e nenas a falar en voz alta e a facer moito rebumbio. Remexían os andeis e amosaban unha grande excitación ao tempo que ollaban e tocaban o que había neles. Dende biosbardos extraviados nun comic de Astérix e Obélix a elementos da táboa periódica conversando ao abeiro dunha fotografía de Marie Curie. E sentada nunha cadeira estaba a bibliotecaria. Cun aceno de perplexidade tentaba minguar o contaxio de tanto alborozo. Eu, mantíñame á marxe, como se estivese a velos a través dunha xanela. Seguir lendo A bibliotecaria
Arquivo da categoría: María Xesús Blanco
Acordes
María Xesús Blanco. Doe. Nuns días sería o concerto en Leópolis. Doe moito.Varias semanas preparando a peza para piano en honor a Stefania Turkewich. E mira agora onde estamos. Nun vagón ateigado de anguria respirando este aire sen luz. Coidando da vida nun tren que nos leve a algunha parte. Irena leva horas calada. Seguir lendo Acordes
O periplo de Ibrahim
María Xesús Blanco. —Ti quéresme?
—Pois claro
—Entón, por que te vas?
—Sabes que non pode ser doutro xeito.
Escóitanse voces dun home e dunha muller saíndo do aparello. Ibrahim non mira a pantalla. Nin tan sequera semella escoitar. Olla por un instante o floreiro con rosas que alguén puxo na repisa da xanela. A dor no bazo é intensa pero comeza a sentir a suor que zumega a súa pel ao baixar o fluxo do calmante. Seguir lendo O periplo de Ibrahim
Zume de lima
María Xesús Blanco. É a súa boca. Ben o sei. A súa boca é a culpábel desta desorde. Gustaríame compartir con ela ese cóctel. O xeo desfacéndose no zume de lima. Os dous estamos a miles de quilómetros das nosas casas. Escóitase música de fondo. Ela está preto de min pero nin me ve. A súa pel está relucente. E no peito ese colar de perlas. Ela só permitirá un plano fragmentado do seu rostro. É difícil calcular as distancias cando un quere achegarse pero ao mesmo tempo ha de pasar desapercibido. O timbre suave da súa voz engaiola. E o da súa risa algareira tamén. Fala con uns e con outros. Escoita. Seguir lendo Zume de lima