Uxía Casal. Usei estas lentes con cristais «afumados» nos anos oitenta do pasado século; ao seren graduadas, cumpría enfocar ben, se non, corríase o risco de non ver con definición o que se miraba, pois a montura estreita e —seica— feminina só permitía protexerse do sol se o tiñas de fronte. Continue reading Nada novo baixo as estrelas
Arquivos da categoría Uxía Casal
Na residencia
Uxía Casal. Xa me amolou o Paulo con iso de que era rancorosa e infantil. He! Infantil! Todo o que non lle vaia polo rego para el é infantil, non lle cae a palabra da boca. Don Perfecto habería que chamarlle, que nunca mete a pata nin se desquita cando llas fan. He! Si, claro, é moi doado falar cando o asunto non te afecta, e a el nesta leria nada lle vai nin lle vén. Continue reading Na residencia
Tuberculose
Uxía Casal. As protuberancias que se ven nas pólas provócaas unha enfermidade específica desta árbore: a tuberculose das oliveiras; non lle fai mal a ningún ser vivo máis ca a elas. Pódese frear o seu avance, seica, cun preparado de cobre, mais os especialistas dubidan dos seus efectos e dan este espécime por desafiuzado. Continue reading Tuberculose
Camelias
Uxía Casal. No colexio onde estudei 14 anos había un fermoso xardín con camelias, no que destacaban as vermellas, e un día de temporal unha amiga e mais eu paseamos, felices coma axóuxeres, baixo a chuvia e o vento entre as árbores, que ceibaban flores a cada refoleo. Alleas aos elementos, gozamos do espectáculo invernal ata que nos descubriron, molladas coma pitos, cando as mamás nos foron buscar ao mediodía. Continue reading Camelias