Os pezuños do Porviso

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad Rey. Vin as luces acendidas da miña casa e, por fin, puiden alentar. Comecei a rezar por inercia mentres aceleraba o paso, mais as palabras atragoáronseme na gorxa. A gaña dunha árbore rabuñoume a fazula, mais non me detiven. Non podía sacar da mente os bruídos que ouvira entre o canaval da praia. Sabía que non debía ir soa por alí a esas horas da noite, mais fun. Lembrei as advertencias da avoa sobre o porviso que aparecía na ribeira cando había preludio de treboada, pero sempre pensei que eran contos de vellas para meterlles medo ás nenas.

Apurei as pasadas até entrar na casa. Asegureime de pechar á porta e, sen falar con ninguén, encerreime no cuarto. Non peguei ollo en toda a noite até que Pedro o Chosco me arrolou de madrugada.

Nas últimas horas do sono acordei ouvindo un ruído que se intensificaba. Dende as sombras, un cabuxo negro saltou enriba miña oprimíndome o peito. Ceibei un alarido pois non era quen de zafarme; o castrón cravoume con ímpeto os pezuños até abafarme.

Miña nai entrou no cuarto alertada e só puido verme pillando folgos tombada sobre a cama. Cando lle contei todo canto ocorrera, colocoume escapularios, rescritos, e botoume auga bendita. Pensou que tiña que protexerme daquel ser, tiña que protexerme do porviso.

Un comentario en “Os pezuños do Porviso

  1. Natividad:
    Al principio creí que se trataba de la “Santa Compaña”, pero a medida que ibas introduciéndote en el personaje, me di cuenta de que no era lo que me imaginaba. ¡Menudo el Porviso ese!
    Es por lo que debemos poner atención, cuando las abuelas nos avisan de lo que no debemos hacer; largándonos por la playa o lugares solitarios a ciertas horas de la noche. Después pasa lo que pasa: un cabuxo ou castrón, enriba do peito, sen deixar respirar. Así que, a partir de agora, escoitemos aos vellos para non atoparnos cun deses monstros mitolóxicos no peito: O PORVISO.
    Después de lo leído, procuraré tener a mano un escapulario y agua bendita porque, “dende que te lin, aínda teño medo no corpo”.

    Me gustó tu narrativa.
    Un saludo desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *