Todolos artigos de: cafebarbantia

Centolas helvéticas

1XYY_1024Marina Losada Vicente. Imaxínome contándolle á miña avoa a lei suíza de prohibir cocer as lagostas e especies similares en auga quente. Vivas. Imaxínome explicándolle que o animal o pasa mal, que sofre. Figúraseme que a resposta sería unha pregunta: -E lo, queixáronse as lagostas? Miña nai, paréceme a min, estaría máis disposta a atender, para algo ten unha neta vegana… Seguir lendo Centolas helvéticas →

El peón, de Paco Cerdá

descargaXerardo AgraFoxo. Sobre este deporte lembro Novela de xadrez, de Stefan Zweig, A defensa, de Vladimir Navokov e A variante Lünenberg, de Paolo Maurensig. Deste autor tamén lin Teoría das sombras, que comeza na mañá do 24 de marzo de 1946, cando o gran mestre ruso Alekhine aparece morto nun hotel de Estoril. El peón (2020) comeza en Estocolmo no ano 1962, cando dous homes de mundo opostos enfróntase sobre un taboleiro de xadrez: Arturo Pomar, o neno prodixio da posguerra que agora traballa como auxiliar de Correos, encara a súa última oportunidade deportiva contra un campión algo excéntrico, Robert James Fischer. Seguir lendo El peón, de Paco Cerdá →

Camelias

O FÍO DE ARIADNA. CAMELIAS. IMGUxía Casal. No colexio onde estudei 14 anos había un fermoso xardín con camelias, no que destacaban as vermellas, e un día de temporal unha amiga e mais eu paseamos, felices coma axóuxeres, baixo a chuvia e o vento entre as árbores, que ceibaban flores a cada refoleo. Alleas aos elementos, gozamos do espectáculo invernal ata que nos descubriron, molladas coma pitos, cando as mamás nos foron buscar ao mediodía. Seguir lendo Camelias →