Fidel Vidal. A psicoloxía evolutiva vén ofrecendo distintas teorías ou modelos sobre o desenrolo do ser humano. Freud, desde o punto de vista psico-sexual, fala das fases oral, anal, fálica, un período de latencia, para rematar coa fase xenital. Seguir lendo Os cordóns dos zapatos de Steiner
Todolos artigos de: cafebarbantia
No reverso da folla
Marina Losada Vicente. Non era tanto que non lle gustase, senón que lle sentaba mal. De noite, unha provocación. Sabíase na casa. De sempre. Facíaselle outra cousa, uns ovos, moito máis económicos. Casou e formou parte da Noiteboa na cea familiar, por ser o prato preferido do seu home. Tanto, que cos anos foi el o que o mercaba. Na casa esqueceron que a Helena non lle senta ben e ela pensou que mellor acoplarse, facer que se come, servirse un cachiño mínimo, para non molestar, enredado nos grelos. Quen é comedora molla pan, e tan contenta. E ataca nas patacas, parecía dicir a mesa. Seguir lendo No reverso da folla
Entre sabios e augures
Francisco Ant. Vidal Blanco. Había en Granada un príncipe a quen todos chamaban o Perfecto, pola bonhomía e correcto comportamento que amosaba desde a máis tenra infancia. Pero os augures, adiantándose ó futuro, sinalaron sobre el unha pequena nube que podía vulnerar a súa prognosticada capacidade de goberno, xustiza e prosperidade para o reino que ía herda Seguir lendo Entre sabios e augures Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIV. Juan Chabás
Román Arén. Juan Chabás e Martí (1900-1954) foi unha figura importante na España intelectual previa á guerra civil, quizais o prosista máis característico da Xeración do 27, autor de novelas como Sin velas, desvelada (1927), Puerto de sombras (1928) e Agor sin fin, moi na liña do que Ortega y Gasset chamaba “novela deshumanizada”, liña na que hai que incluír a Domenchina, a primeira Rosa Chacel, o Max Aub de preguerra, Benjamín Jarnés, Claudio de la Torre… Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIV. Juan Chabás