X. Ricardo Losada. Unha persoa que vivise na Idade Media tería moi pouco que aprender se, de súpeto, fose trasladada á Tebra (Tomiño) de 1936, lugar e ano de nacemento do académico da RAG X.L. Franco Grande, pero unha persoa que vivise en 1936 e fose trasladada á Tebra de 2020, tería que resetear case completamente o disco duro do seu cerebro. Non recordo cal foi a música de fondo que xerou na miña mente a lectura de A ilusión da esperanza cando o lin a finais dos anos noventa, oito anos despois de ser publicado, pero esa que acabo de precisar é a música coa que o lin nesta nova edición, na que Franco Grande retrata corenta seis amigos Seguir lendo A ilusión da esperanza, de X. L. Franco Grande →