Marina Losada Vicente. Abril. Gravata colgada do pescozo, como unha gasa ao vento. Gravata na man, camisa branca, chaqueta sen abotoar. Gravata pendurada do maletín, ancho e compacto. Gravata e chaqueta na man, camisa aberta ata a altura do peito, maletín en bandoleira, cargando contra as costas. Seguir lendo Algo non cadra!
Todolos artigos de: cafebarbantia
Danza na cidade
Pilar Sampedro. Houbo un tempo no que chegando o verán a Compostela asistiamos a un festival de danza ao aire libre. Tratábase de En pé de pedra, organizado polo grupo de teatro Matarile con sede no teatro Galán, xa desaparecido. Si, tamén desapareceu a mostra que se anunciaba cunha música que nos congregaba –igual que os nenos e nenas de Hamelín– para asistir ao espectáculo Seguir lendo Danza na cidade
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVIII. O Marqués de Lozoya
Román Arén. O segoviano Juan Contreras e López de Ayala (1893-1978) foi moi coñecido como historiador da arte, xa que de 1946 a 1963 foi catedrático de Arte Hispanoamericana, membro da Real Academia da Historia e da de Belas Artes de San Fernando e autor de obras como El arte gótico en España (1935) e a Guía de Segovia (1957). Pero el mesmo recoñecía que a súa verdadeira vocación fora a de poeta, e así publicou obras como Poemas arcaicos (1913), Poemas de añoranza (1915), Poemas castellanos (1920), Romances del llano (1924), Sonetos espirituales (1925) e Cantar de las tierras altas (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVIII. O Marqués de Lozoya
A carta da memoria
María Xesús Blanco. E sei que son eu. Neste intre estou segura diso. Ai meu benquerido Andrés! Lembras aquel tren anello que colliamos acotío cando viviamos en Padrón? Como che gustaba percorrer todos os vagóns! E canto me preocupaba verte desaparecer! Aínda que me contaxiabas a túa ilusión na busca de piratas arrepiados e pillabáns debaixo dos asentos ancorados. E de vaqueiros e indios cabalgando á par da nosa ventá. Pois hai un tempo, meu fillo, a miña cabeza comezou a viaxar no tren da memoria, da túa e da miña, abrindo diferentes compartimentos. Como o da miña infancia, impregnado, no olor inesquecíbel, a pan acabado de facer no regazo do teu avó Manuel. Seguir lendo A carta da memoria