Todolos artigos de: cafebarbantia

Arró, de Xabier L. Marqués

O Andel. ARRÓRomán Arén. Xa dende o ano 2000, no que Xabier L. Marqués (Ribeira, 1959) publicou Polos mares das améndoas, “os recordos rillan na memoria” e agora con Arró (2019) vaise á procura desa nasa memorial na que se engaiola a infancia, nese arró, esa faixa de terra para conter os ríos? (mentres o arro é o corazón das árbores), que é a un tempo fértil e erma, unha cicatriz, unha ferida cosida pero que proe, na que se pretende atopar a nenez intemporal e abafante, sensorial, a era da linguaxe, da creación do mundo, pois é a palabra, as palabras, quen crea ao nomear as cousas, non os actos. Seguir lendo Arró, de Xabier L. Marqués →

Dúas visións auténticas sobre o feminismo

portada_tierra-de-mujeres_maria-sanchez_201811280910Gonzalo Trasbach. Terra de mulleres (Seix Barral) e Teoría King Kong (Random House) son dous libros que ofrecen senllas e auténticas visións, aínda que con tons e perspectivas moi contrapostas, do fenómeno feminista. María Sánchez (Córdoba, 1959), filla e neta de veterinarios, é a autora do primeiro título, un ensaio que no que fala sobre as mulleres no mundo rural, mentres que Virginie Despentes (Nancy, Francia, 1969) aborda de xeito agresivo e descarnado o mundo das mulleres, para o cal se serve da súa propia experiencia. Ela analiza sen pelos na lingua cuestións tan espiñentas como a violación, a prostitución ou a pornografía. Seguir lendo Dúas visións auténticas sobre o feminismo →