Mauricia Ces Quintáns. Todo procede dun impulso fértil: esvarar a golpes polas paredes uterinas: a primeira fuxida: involuntaria, consentida. (Antes), intuías a luz, nadabas con alas invisibles; guiábante os latexos, estabas quieta, movíaste. Eras?Non hai luz. O teu corazón xea. No transo todo é escuro. Escuro. Non existe o son. É o teu corazón? Xea? Deixas de oír o zunido máxico aporreando no cristal; abandonas o acuario confortable, seguro, cara ao descoñecido. Seguir lendo Un impulso: as nubes?
Todolos artigos de: cafebarbantia
Alcume
Marina Losada Vicente. Non acostuma a meterse en temas relixiosos; non é covardía, é protección; nin en temas políticos, en xeral. Non fala de feminismo, nin do colectivo LGTB, movementos que a teñen máis que convencida. Non entra a trapo cando os argumentos que poden resultar inocuos caen a segundo de que boca. E se por un descoido saca un tema, sen miolo algún, por facer ver que está viva, retira o pé do lume ao instante, en canto calquera parede lanza unha ofensiva. Seguir lendo Alcume
O dono do chifre
Fidel Vidal. O chifre, sempre á man de Hamm, colgado do pescozo como un escapulario ou un toisón de ouro -o vélaro dun carneiro degolado a emitir un son parcial (mentres o coiro se transforma en ouro)-, un chío particularmente alarmante ou angustioso, igual que o pranto dun neno, utilizado para pedir axuda ou demostrar quen é quen na sala de demostracións. En cada un dos seus apurados sopridos está a dicir e reclamar: Acudide!
Hamm, o amo, tendo gorxa e voz, fai uso do asubío para chamar polo servente. Por Clov. O “pito”, un indicador de quen manda. Seguir lendo O dono do chifre
Un rally matemático
X. Ricardo Losada. Hai anos existía unha competición académica chamada Rally Matemático sen fronteiras promovido por ENCIGA, a Asociación dos ensinantes de Ciencias de Galicia. Non sei moi ben en que consistía, nin se serviu para promover e popularizar as matemáticas Seguir lendo Un rally matemático