Todolos artigos de: cafebarbantia

Jesús Ricardo Martínez Balirac, un xesuíta noiés

O Escritor. Reflexiones_sobre_perfección_sacerdotalPastor Rodríguez. Entre os escritores relixiosos orixinarios do Barbanza, a maioría pertencen ao clero secular (Faustino Rey Romero, Torres Queiruga…), pero no clero regular a parte do león é para os franciscanos (Santiago Agrelo, Luís Rodríguez), o que é perfectamente lóxico se pensamos na presenza dos conventos de San Francisco na Pobra do Caramiñal, Noia e Louro, ademais da proximidade do convento de Herbón. Seguir lendo Jesús Ricardo Martínez Balirac, un xesuíta noiés →

Remedios e placebos

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando o mal aperta botamos man do que sexa e onde o médico non pode o curandeiro anima, xa sexa co uso da lixivia ou co emprego de pedriñas de cores porque cada cor ten o seu efecto sobre non sei que parte do corpo. Mais postos a escoller sistemas absurdos eu escollería curar os males do fígado rezándolle a un carrasco na hora do amencer, durante nove días, mentres se rega cos escuros ouriños do doente Seguir lendo Remedios e placebos →