Todolos artigos de: cafebarbantia

Balada saudada

832934Xosé Manuel Lobato. Ritmo dos sons da infancia, inestables naqueles tempos de crianza en formación logran acadar co paso do tempo un pouso de grande reserva, sempre nesa memoria a longo prazo que todo ser humano posúe.

Curioso e digno de eloxio, mesmo emoción, observar o navegar atinado de persoas maiores nas lembranzas daquelas experiencias da nenez. Seguir lendo Balada saudada →

As ensinanzas de don Juan

51+khxCgBgL._SX312_BO1,204,203,200_Gonzalo Trasbach. Un día na piscina, unha veciña de Cespón que estivera vivindo moito anos fóra recoñeceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. Díxenlle que Filosofía. E entón ela riuse. Non me pareceu mal. Fíxome lembrar a anécdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque camiñaba abstraído nas súas meditacións, mentres a súa criada se esmendrellaba. Ademais este non é un motivo para anoxarse, e menos indignarse, tal como lle diría o mestre don Juan ao seu alumno, Carlos Castaneda (1925-1998). Por certo, neste ano que agoniza, cumpriuse o 50 aniversario de Las enseñanzas de don Juan, o mítico libro de Castaneda que exerceu unha potente fascinación Seguir lendo As ensinanzas de don Juan →

A receita

RECETAS.-ArchivoMarina Losada Vicente. Unha cuartilla apaisada, que ti colocas en vertical, na que figura o teu nome. No reverso inscribes a maior circunferencia posible, a que ten por diámetro a medida dos lados máis curtos. Dentro dese círculo, enmarcado por un cadrado branco cuxos segmentos son fácil de intuír, trazas liñas verticais e horizontais paralelas a estes, cunha distancia entre si dun centímetro. Seguir lendo A receita →