X. Ricardo Losada. Adoita dicirse que se un galego da Idade Media aterrase de súpeto na Galicia rural de 1930 non tería nada que aprender. É o pensamento que me abordou innumerables veces lendo o libro Liorta Viquinga do rianxeiro de Leiro, por nacemento, e do Araño, por matrimonio, José Mª Rodríguez Tubío, un mestre xubilado que publica o seu primeiro libro con 84 anos. Porque José Mª cóntanos a historia do guerreiro Ferjënsen, un daqueles viquingos que ao redor do século X asaltaban as costas de Galicia e que, tras caer gravemente ferido, nunha batalla na Veiga de Rañó (Leiro), quedou ao coidado de Aldara, a filla do máis rico da aldea, e acabou integrándose e compartindo a súa estraña cultura e fortaleza cos autóctonos Seguir lendo Liorta viquinga →