X. Ricardo Losada. Hai un momento na vida dos nenos en que descobren a relación de causa e efecto. Non o recordo no meu caso pero supoño que será unha sensación marabillosa porque, a partir dese momento, pulsan o interruptor para acender e apagar as luces constantemente. Aínda que para os adultos é un encordio, está ben que así sexa. Saber establecer relacións de causa e efecto é clave para a intelixencia. Seguir lendo A bucina dos galos
Todolos artigos de: cafebarbantia
Giacometti, escultor de liñas (II)
Fidel Vidal. Giacometti (1901-1966) escribe sen pretensións literarias o que lle confire aos seus textos unha sorte de frescura moi atraente. Se ben son as esculturas as que lle dan maior recoñecemento ao autor, pola miña parte eu gusto en igual ou maior medida e valor dos seus debuxos e pinturas. “A violencia –di- emocióname nas esculturas”. “Esa violencia, atópaa na realidade?”. “Coido que si. En todo. E máis alá. Ademais é o que máis me sorprende: incluso na cabeza máis insignificante” (Escritos). Seguir lendo Giacometti, escultor de liñas (II)
Giacometti, escultor de liñas (I)
Fidel Vidal. O nome de Alberto Giacometti lévame a contemplar na memoria, ademais dun dos seus enfraquecidos e espigados Camiñantes, outras dúas imaxes sorprendentes: a primeira, o propio autor andando, medio encollido, amparándose da choiva coa gabardina pola cabeza e, a segunda, un matrimonio de xaponeses posando sentadiños nunha banqueta fronte ao artista no seu abarrotado taller, un auténtico cubil segundo expresión dun dos seus máis prezados críticos e amigos. Un cuarto desarranxado e ateigado de obxectos sen espazo para tan abundante material: ferramentas, esculturas, pinturas, debuxos. Seguir lendo Giacometti, escultor de liñas (I)
Viaxe en solitario
Marina Losada. “As mulleres sempre van de dúas en dúas ao lavabo”, acabo de escoitalo na mesa; eu tiven que facelo soa, atravesar todas as miradas; sabelas. Sen permitir que se notase todo o desacougo que me producía, reanimei o vestido que tan pouco me cubría e os zapatos de charón vidos de estrear, de tacón fino, eses que aseguran estilizar a figura feminina; fixei a mirada no fondo da sala, no sinal de saída de emerxencia e comecei a andar, temendo, xa mesmo, o camiño de regreso.
Un camareiro que levaba unha enorme fonte de piñas xeadas, con palliñas e bandeiras de papel, abaneando con elegancia no alto do seu brazo esquerdo, fixo de escudo na volta. Seguir lendo Viaxe en solitario