Todolos artigos de: cafebarbantia

Salgaduras e abandonos

Foto: Juan José Doval Rivademar
Foto: Juan José Doval Rivademar

Mariña Pérez Rei. Digamos que un abandono non é o mesmo ca unha derruba. Nunha construción abando-nada inzan as plantas que mastigan a indiferenza; moi amodo, van aper-tando os muros ata afogalos por inanición, por pura asfixia mecánica. Na derruba, pola contra, os materiais caen ao baleiro nunha sorte de rede de arame: cristais, cerámica, tellas, trabes de madeira nobre, moluscos… Seguir lendo Salgaduras e abandonos →

Bromas

PM607-tirolina_parque_infantil_w0Antón Riveiro Coello. Fun obxector de conciencia, pero, aínda así, sufro a mili nesas conversas ateigadas de anécdotas doutros amigos que si tiveron que pasar por ela. Calquera pretexto é bo para introducir o tema e castigarte coas aventuras dun período inútil ao que, con todo, moitos lles tiran certos beneficios como o de apañar grandes amizades ou facerse home de vez. Nesa “formación” contaban, é moito, as bromas, as máis das veces brutais, infrinxidas aos recrutas. Seguir lendo Bromas →

Grafomanía

imagesX. Ricardo Losada. Teño certa querenza, como lector, polos textos en prosa de poetas. Auden, Zagajewsi, Szymborska, serían tres bos exemplos. Desta última acabo de ler un curioso libro titulado Correo literario e pareceume apaixonante. É unha antoloxía das mellores respostas que a poeta polaca lle deu a aqueles escritores que querían publicar por primeira vez nunha revista literaria na que ela formaba parte do consello de redacción. É un libro imprescindible para aqueles escritores principiantes que se cren os afagos hipócritas que lles fan amigos, familiares ou escritores aos que lles pasan os seus manuscritos para pedirlles opinión, convencidos de que van ser sinceros. Seguir lendo Grafomanía →

A culler como obra de arte

37ece4af5190cfbaa55191e83671f39bFidel Vidal. A forma actual da culler -un utensilio usado desde a prehistoria- toma forza cando se realiza en madeira, e cobra relevancia no século XV desde que Nicolás de Cusa aposta por este instrumento para establecer unha teoría sobre a arte. A arte como imitatio da natureza, se ben a culler non se parece a nada existente, malia que o seu nome derive de cuncha ou de cóclea, a forma dun caracol, onde falta o mango tan propio da mesma. O home imitando ou copiando a natureza. Paul Klee dicía que a arte non debe copiar o visible senón facer visible, ofrecer algo novo creado polo artista. Seguir lendo A culler como obra de arte →