Jose Lires. O día amencía fresco e húmido prometendo calor abafante. Un abrente, no que o resío se enfrontaba á evaporación baixo os ameazantes raios de sol, retrotraía-me a aquelas mañanciñas de veráns xa vividos. Eses días da infancia onde, co curso rematado e un longo tempo por gastar, as xornadas antollábanse eternas Seguir lendo Camiños de auga
Todolos artigos de: cafebarbantia
Estampas de corrupción
Antón Riveiro Coello. O mapa da corrupción en España é desesperante. A percepción de que todo é sistémico e nada se pode facer convoca unha cultura da tolerancia. As novas na prensa e na televisión constrúen un odio unánime cara a ese sinistro pracer de roubar non só cantidades obscenas senón outras de menor entidade, á escala das posibilidades de cadaquén. Pero nós, estamos a salvo? A xustiza disuade? É talvez unha cuestión de educación? Esas son boas preguntas porque no cotián agroman os exemplos. Seguir lendo Estampas de corrupción
Jeanette, de Victoriano García Martí
Fidel Vidal. Estouno vendo sentado na porta da súa casa do Areal tomando a fresca. Victoriano García Martí (Pobra do Caramiñal, 1882-Santiago de Compostela, 1966) avogado, liberal ilustrado que estudou socioloxía na Sorbona con Durkheim e Bergson, durante a súa estadía en París relacionouse con Sofía Casanova. Amigo persoal de Azaña e de Ortega, autor d’ Unha punta de Europa (ritmo e matices da vida galega) e, das non menos coñecidas A morte. Meditación, Rosalía de Castro ou a dor de vivir, tamén escribiu magníficos contos. Jeanette é un deles, incluído na escolma de Contistas españois do século XX (Aguilar, 1963). Seguir lendo Jeanette, de Victoriano García Martí
Rapazas, de Agustín Fernández Paz
Pilar Sampedro. 25 anos non son nada. Pois si, pasaron 25 anos desde a primeira edición do libro Rapazas de Agustín Fernández Paz. Un libro de referencia para o tratamento de xénero dentro da literatura infantil e xuvenil galega. Dende o propio título, o autor fainas presentes, visibilízaas e quere dirixirse a elas para falarlles das súas inquietudes a respecto da desigualdade entre homes e mulleres na sociedade. Tratase dun libro de relatos. Todos eles protagonizados por rapazas, nesa etapa fronteiriza da adolescencia. Seguir lendo Rapazas, de Agustín Fernández Paz