Xerardo AgraFoxo. Mentres viaxamos cara ás augas onde estivera desterrado o poeta Ovidio, decátome de que entre os libros que levo na mochila hai un dun escritor nado no sur deste país cando pertencía ao Imperio Otomano. Unha literaria casualidade. Sabahattin Alí viu a luz aquí no ano 1907. Viviu unha parte da súa traumática existencia en Estambul e Konya. Estudou Maxisterio, conseguiu unha beca que o levou durante dous anos a Berlín e traballou de mestre varios anos por diferentes escolas de Anatolia. Por mor das súas ideas políticas o réxime de Mustafà Kemal Atatur detívoo varias veces. Cando o liberaron, como lle denegaron o pasaporte, intentou fuxir por unha fronteira, pero foi asasinado no ano 1948 polos Servizos da Seguridade Nacional. Seguir lendo Camiño do Ponto Euxino
Todolos artigos de: cafebarbantia
Boas persoas
Uxía Casal. Cando cambiei o coche pola furgo (vai xa para cinco anos), atendeume un señor moi amable, que foi quen de aturarme un día que cheguei ao concesionario feita unha furia. Acababa de ter un «detalle» cun condutor impaciente que pretendeu apuparme por un presunto erro só polo meu aspecto (os longos pendentes non admitían dúbida). Seguir lendo Boas persoas
A literatura como arma política
César Alen. A literatura non sempre é inocente. Foron moitos os movementos políticos que utilizaron a teoría literaria para os seus propios fins. Iso demostra o poder que alberga o feito literario. Pode ser un perfecto medio para alcanzar calquera fin. Sobre este uso da literatura houbo infinidade de teorías, de estudos, todo tipo de enfoques. Seguir lendo A literatura como arma política
Filoloxía e etnografía
Pastor Rodríguez. Milagros Torrado naceu en Cespón, Boiro, en 1983 e xa dende nena se interesou pola creación literaria. Licenciada en Filoloxía Inglesa no 2006 pola Universidade de Compostela, doutora da súa especialidade e profesora da Universidade Internacional de La Rioja, é secretaria da A. C. Barbantia, colaborou en Leñaverde, Folía, o Anuario Brigantino e no da asociación da que é membro. Os seus estudos, xeralmente, unen a filoloxía e a etnografía, ás veces comparando tradicións británicas coas galegas. No ano 2010 sacou do prelo o volume O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galicia, partindo dos seus estudos de doutoramento. Seguir lendo Filoloxía e etnografía