Xerardo AgraFoxo. Cando se viaxa por este país a primeira lección que se aprende é que estamos nunha encrucillada entre Oriente e Occidente. Un territorio atravesa-do dende os primeros tempos da historia por diversos pobos e exércitos que deixaron un-has pegadas moi recoñecidas na súa paisaxe e cultura. Nas profundidades dunha mesta reserva ecolóxica atópase o mosteiro de Rila Seguir lendo O mosteiro de Rila
Todolos artigos de: cafebarbantia
A difícil felicidade
Francisco Ant. Vidal Blanco. En liñas xerais, a felicidade completa é unha utopía, pero non por iso deixamos de procurala por terra mar e aire. O que para uns é bo para outros non o é tanto, uns confórmanse con ir ó cine unha vez por semana e outros gastan o salario en quinielas de infortunio. Por iso Xulio non discute quen é máis feliz. Cada un ó seu xeito conténtase co que pode, e aquí tamén conta o nivel de ambición ou de conformismo. Seguir lendo A difícil felicidade
Contra o cura de Fruíme
Román Arén. Neste libro, Fernández Salgado fai unha dobre edición, paleográfica e anotada, das cincuenta décimas escritas cara a 1770 contra o máis importante escritor, con Sarmiento, do noso século XVIII, Diego Zernadas de Castro, o primeiro cura de Fruíme. Carta satírica extensa, habitual no xogo satírico entre ilustrados do 18, que se conserva nos fondos da Fundación Penzol. Décimas anónimas, pero Fernández Salgado anota a posibilidade de que o autor fose Bernardo Rivera y Collazo, ao que Zernadas satiriza aludindo á súa coxeira. As décimas atacan a teima pedichona de Zernadas para o culto da Virxe das Dores de Fruíme. Seguir lendo Contra o cura de Fruíme
Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros
Gonzalo Trasbach. Nas últimas novidades musicais nas que me enredei, atopei dous discos vangardistas polos que corre sangue con ADN galego, e que me resultaron moi atractivos e interesantes. Dun lado, a atracción que me espertou o novo disco de Mercedes Peón (A Coruña, 1967) non me colleu de sorpresa, pois xa coñecía unha boa parte da traxectoria da coruñesa, sen dubida unha das voces máis sobresaíntes da nosa comunidade tanto cando xoga na casa coma cando o fai fóra. Seguir lendo Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros