Todolos artigos de: cafebarbantia

Un bo encabezamento

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Imaxi-nade por un intre a alguén que ó cabo do día recibe tantas cartas que necesita dun secretario que llas cribe. ¿A cal lle vai dar máis importancia despois de ler un feixe de remites descoñecidos?. Suponse que a quen mellor o engaiole. Igual que cando entramos nunha librería a escoller a pró-xima lectura, que se non nos convence nos primeiros parágrafos o libro fica condenado ó po do andel. Seguir lendo Un bo encabezamento →

As posibilidades

afgAntón Riveiro Coello. Aínda conmovido pola imaxe desa nai afgá de vinte e cinco anos que, sentada no chan, fai a proba de acceso á universidade mentres anaina un meniño, non deixo de cavilar nos atrancos desta e outras mulleres para accederen a uns estudos que a outras mesmo lles son regalados. Esta imaxe convocou na miña memoria unha experiencia de hai xa moitos anos, cando, convidado por un amigo, fun coa miña familia a súa aldea de Lugo. Seguir lendo As posibilidades →

Edipo / Hamlet: a conciencia

hqdefaultFidel Vidal. E di mamá/ E Alguén anoxa-se porque é papá. Xesús Pisón (Breviario Hamlet).  A Hamlet gustaríalle talvez ser Edipo ou Orestes, comenta Harold Bloom (Shakespeare, A invención do humano), pero (contra Freud) “un e outro non son en absoluto similares”. A primeira vista non. Mais, gustáralle ou non parécese a Edipo, Hamlet ten raíces edipianas. Seguir lendo Edipo / Hamlet: a conciencia →

O sheriff e o labirinto

qué-sigifica-soñar-con-laberintoX. Ricardo Losada. No marabilloso relato Os dous reis e os dous labirintos Borges conta a historia dun rei de Babilonia que mandou construír un sofisticado labirinto do que non se podía saír. Un día recibiu a visita dun rei árabe e para burlarse da súa simplicidade mandouno entrar no labirinto. O rei árabe só atopou a saída cando, humillado, implorou socorro divino. Seguir lendo O sheriff e o labirinto →