Arquivo da categoría: Poesía

Atlas, de Alba Cid

9788491514121X. Ricardo Losada. A poesía non é, nin moito menos, o xénero ao que máis tempo dedico, pero si o que me depara momentos de maior pracer intelectual, e no que podo desfrutar con máis paixón dos extremos, desde os poemas máis claros e cristalinos de Rosalía ata os máis escuros e crípticos de Manuel Antonio, desde os máis románticos de Neruda aos máis sucios de Bukowski, desde os máis sentimentais e líricos de Rubén Darío aos máis prosaicos e narrativos de Anne Carson. E prodúceme ese pracer, seino, porque non entendo moito de poesía, e leo os poemas como cartas que me manda un amigo ao que só lle esixo, máis alá da súa forma de expresarse, que sempre respecto, a maior das sinceridades. Seguir lendo Atlas, de Alba Cid

Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane

978849479067Fidel Vidal. Se vos queredes mergullar no mundo da creación poética, velaquí unha obra estimulante encol dun tema ateigado de misterios: Lingua de Eva e Adán. Sobre poesía e poetas, de Xavier Seoane (Espiral Maior, 2018). No Limiar adiántanos que, “á maneira de apuntamentos, ou de reflexións illadas, expóñense ideas, intuicións, dúbidas e interrogantes que poidan propiciar o diálogo sobre a experiencia poética”. Xavier Seoane, ademais de poeta, é un gran coñecedor da pintura e da literatura e un teórico que acerta en canta materia de orde cultural pon o seu saber. O que eu non sei é de onde saca o tempo para tamaña obra da que é autor. Talvez, como sucede coa poesía, “viva de “insomnio perpetuo”, en cita que recolle de René Char. Seguir lendo Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane

Monte Viso

descargaXosé Manuel Lobato. Ferve o mar, escurecese o Sar mentres se agocha Compostela. Moi preto, escintila con intensidade entre fumarolas místicas acompañadas dun estarrecedor resón o grande cumio sacralizado. Profundo culto panteísta nos peregrinos e romeiros, amantes e coñecedores da nai natura e, da súa fontenla de salgada vida, con todos eses datos programan de xeito minucioso as súas viaxes os milleiros de andantes. Seguir lendo Monte Viso