Fidel Vidal. Se existe unha enfermidade que se anuncia polo síntoma de estar alegre, eufórico, isto é, de verse feliz de vez, chámase Trastorno bipolar, na súa presentación maníaca. Antes denominábase Psicose de dobre forma (Baillarger), Circular (Falret) ou Maníaco-depresiva (Kraepelin). Quer dicir, na que o humor pode oscilar desde a máxima euforia e hiperactividade (podendo alcanzar o delirio) até a depresión melancólica, nun variado abano, dependendo da intensidade e forma de se presentaren os síntomas. No caso de seren creadores os que a padecen, está visto que escribir, ou pintar, semella non ser excesivamente doado facelo desde a alegría. Seguir lendo María Mariño: o tempo na terra
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch
Román Arén. Don Juan Eugenio de Hartzenbusch foi carpinteiro, pero chegou a erudito, fundamental na súa época para a comprensión do teatro, membro da Real Academia Española en 1847 e a director da Biblioteca Nacional en 1862. Nacera en Madrid en 1806, de pai alemán e nai andaluza, e no seu século foi famoso como dramaturgo por Los amantes de Teruel e como poeta polas súas Fábulas en verso castellano (1848), xénero poético moi cultivado no século XIX e no que tamén destacaron os galegos Luis Folgueras, Concepción Arenal e o Barón de Andilla. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXI. Hartzenbusch
Valente e a unidade das artes en Fonseca

Pilar Sampedro. Para corroborar a frase de Valente: “Eu creo na unidade das artes”, a cátedra que leva o seu nome na Universidade de Santiago organiza a mostra na que se pode acceder ao diálogo entre a arte literaria e a plástica. Se facemos historia, podemos lembrar que foi a raíz do seu nomeamento como Doutor Honoris Causa pola USC Seguir lendo Valente e a unidade das artes en Fonseca
Silencio e saúde
Fidel Vidal. “O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Seguir lendo Silencio e saúde