Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá CVII. Pedro de Padilla

labrador 001Román Arén. Non se selecciona moito a Pedro de Padilla nas antoloxías, pero o mapa da poesía áurea castelá estaría incompleto sen el, porque foi versificador de amplo rexistro, bo sonetista e que cultivou case todos os subxéneros, sacros e profanos. Nacera en Minares, Xaén, en 1550 ou quizais en 1549, e en 1585 profesou como carmelita calzado. Debeu morrer arredor de 1600 en Madrid. Cervantes, no famoso capítulo do escrutinio no Quixote salvou o seu Thesoro de varias poesías (1580) da queima, aínda que poñendo algunha pexa. A obra, con 360 poemas, tivo unha segunda edición en 1587, ordenada por xéneros. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVII. Pedro de Padilla

Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana

poemas-de-sor-juana-ines-de-la-cruzRomán Arén. É ben sabido que nos séculos XVII e XVIII foron abondosos as panxoliñas “de galegos”, é dicir, as escritas por non galegos non só no reino de Castela senón tamén no de Aragón (Segorbe, por exemplo) nos que os galegos son personaxes humildes (con biscaíños, xitanos, negros…) que van adorar o Neno e mesmo os autores remedan a nosa lingua o mellor que saben. As panxoliñas “galegas” e en galego non aparecen en Galicia ata finais do século XVIII e comezos do XIX. E estas panxoliñas non só se cantaban en Nadal, xa que tamén noutras festividades adoitaban escoitarse nas catedrais e igrexas. E esa moda pasou ao Novo Mundo, a América. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVI. Unha monxa mexicana

Balada saudada

832934Xosé Manuel Lobato. Ritmo dos sons da infancia, inestables naqueles tempos de crianza en formación logran acadar co paso do tempo un pouso de grande reserva, sempre nesa memoria a longo prazo que todo ser humano posúe.

Curioso e digno de eloxio, mesmo emoción, observar o navegar atinado de persoas maiores nas lembranzas daquelas experiencias da nenez. Seguir lendo Balada saudada

Nicolasa Añón, a poetisa popular

A Escritora. Poesías_de_Nicolasa_AñónPastor Rodríguez. Aínda que é unha muller, Rosalía de Castro, a figura principal da literatura galega no século XIX, non son moitas as figuras femininas que cultivaron o galego nese período, e todas son dignas de atención. A pesar disto, Nicolasa Añón Paz, a irmá do poeta Francisco Añón, é un caso diferente, pois non é unha poetisa culta, senón o testemuño mellor que temos da poesía popular, unha fistora, unha escritora sen estudos que, con todo, estaba chea de creatividade. Nacida en Boel, Outes, en 1810, ata 2014 só coñeciamos dúas composicións en galego desta autora, que Lisardo Rodríguez Barreiro nos transmitira en 1890 no seu libro Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia. Seguir lendo Nicolasa Añón, a poetisa popular