Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón

Juan_Ruiz_de_Alarcón_(E._Gimeno)Román Arén. Juan Ruiz de Alarcón era novohispano, pois nacera en México en 1581. Era, xa que logo, un “criollo”, pero de orixe nobre. Veu por primeira vez a España en 1600 e exerceu de avogado. Volveu a México, pero regresou definitivamente en 1613 e morreu en Madrid en 1639. Ocupou o cargo de relator do Consello de Indias e polo seu físico, era chepudo, foi branco das rexoubas dos escritores rivais, fronte aos que foi pouco prolífico, pois só se coñecen vinte e catro obras da súa autoría. Dúas características son propias de Alarcón: o seu código de honra é menos ríxido có dos contemporáneos e salientan as acedas críticas á nobreza. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVII. O Licenciado Molina

Portada_Descripcion_del_Reyno_de_GaliziaRomán Arén. Durante séculos case nada se sabía da biografía do autor de Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (Mondoñedo, 1551), agás que era licenciado e non galego. Hoxe sabemos algo máis: cóengo en Mondoñedo, de orixe malagueña, ocupou cargos de importancia e en 1550 era Xuíz do Fuero. Morreu entre 1572 e 1577, pois neste ano xa non figuraba nas actas do Cabido mindoniense. É un firme defensor e descritor das nosas cousas e só no caso do galego é ambiguo. A obra está escrita en 130 octavas de versos dodecasílabos; 118 levan unha glosa en prosa. Reeditada varias veces, hoxe conta con tradución galega a cargo de J. P. Ferrero (Noia, Toxosoutos/Orbigo, 2003). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVII. O Licenciado Molina

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVI. Narciso de Heredia

herediaherediaRomán Arén. É raro atopar o nome de Narciso de Heredia e Heredia, segundo marqués de Heredia, nas antoloxías de poesía decimonónica. Nacera en París en 1832, e en 1857 publicou Poesía, volume que en 1912 coñeceu unha terceira edición; foi ademais autor da obra Verdades en pocas palabras (1895). Faleceu en Madrid en 1912. O seu libro, que en 1879 titulou Poesía y artículos, estaba prologado por Menéndez Pelayo, que o caracteriza como poeta intimista e non descritivo. Para José María de Cossío (Cincuenta años de poesía española (1850-1900), 1960), estivo influído por Frei Luis de León, e ademais con afección ás escenas familiares, próximo, pois, a V. W. Querol. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVI. Narciso de Heredia

Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII)

Fig. 1
Fig. 1

Fidel Vidal. Porque no manuscrito de Mallarmé, en cor azul está debuxado como se fose o signo infinito (∞) posto de pé, un 8, que se aparece tachado a conciencia mediante trazos de cor marrón. Reparar na reprodución facsímile (Fig.1). Un número embarrado que expresa non un signo numérico senón o número do suxeito, un significante que pon en risco ao mesmo suxeito. A cifra innominable que encerra o segredo, e que vai encriptar outros dous díxitos fundamentais: 7, 1. Casualmente, anotada cabo do díxito 8, á súa esquerda, na páxina 17 do manuscrito. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VIII)